RSS

Archivo del Autor: asdivalu

MOSTRA DO VOLUNTARIADO

Os días 21 e 28 de setembro participamos na mostra de voluntariado que se celebrou no I.E.S. de Baño e na Casa do Concello respectivamente.

 
Deja un comentario

Publicado por en 30 septiembre, 2013 en Uncategorized

 

UN COMPAÑEIRO PARTICIPA NOS CAMPAMENTOS ORGANIZADOS POR COGAMI

O noso compañeiro José participa durante os dÍas 9 e 15 de setembro nos campamentos que organiza a entidade COGAMI.

 

 
Deja un comentario

Publicado por en 9 septiembre, 2013 en Uncategorized

 

OS ALUMNOS PARTICIPAMOS NA FESTA DA CAÑA

O sábado  24 de agosto participamos na festa da caña expoñendo e vendendo os nosos produtos artesanais.

 

 
Deja un comentario

Publicado por en 27 agosto, 2013 en Uncategorized

 

IMOS DE VACACIÓNS

SIMPSON

 

Despois de tanto traballo, tamén nos merecemos unhas vacacións!

 
Deja un comentario

Publicado por en 27 agosto, 2013 en Uncategorized

 

PREPARANDO O XARDÍN DO I.E.S. BAÑO

No mes de xullo continuamos colaborando cos centros educativos acondicionando o xardín do instituto.

 
Deja un comentario

Publicado por en 27 julio, 2013 en Uncategorized

 

BAUTISMO DE MAR A BORDO DO LAION

O pasado sábado 13 de xullo, 8 persoas da asociación participamos nunha actividade marítima a bordo dun veleiro, o Laion. A travesía durou case 4 horas nas que puidemos disfrutar da paisaxe que a costa nos efrece dende o porto deportivo de Riveira ata a península do Grove.

A actividade está enmarcada dentro do proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) que a entidade COGAMI leva a cabo dentro dos servizos de lecer que oferta.

Agradecemos tanto a COGAMI coma ao persoal voluntario que participa como tripulación a bordo do veleiro por facernos desfrutar dunha xornada inolvidable.

Gracias!12345678

 
Deja un comentario

Publicado por en 19 julio, 2013 en Uncategorized

 

Celebramos o día mundial de concienciación sobre o autismo

Onte celebramos este día coa colocación de globos azuis na entrada do Centro e coa realización dun taller sobre o autismo no que realizamos uns murais representativos.

la foto(2)autismo1la foto(1)

 
Deja un comentario

Publicado por en 3 abril, 2013 en Uncategorized

 

Saída á Casa Grande de Xanceda

O mércores adiántamonos ás vacacións de Semana Santa realizando unha saída didáctica e de ocio á Casa Grande de Xanceda no concello de Mesía. Trátase dunha granxa produtora de lácteos ecolóxicos (leite, iogures, queixo,…) onde as vacas están en total liberdade no pastos que hai nos arredores da granxa.

Despois da visita puidemos saborear todos os seus produtos e comprobamos que o ecolóxico, ademais de ser saudable…está boísimo!

 
Deja un comentario

Publicado por en 3 abril, 2013 en Uncategorized

 

Participamos na VII Exposición da camelia Bella Otero

O sábado 16 participamos como todos os anos, na exposición da camelia que se celebra no noso concello.

Este ano presentamos un pequeno estand no que expuxemos todos os produtos que facemos con camelia: os xa coñecidos xabóns e outras innovacións coma axendas decoradas con camelias ou velas con aroma e pétalos desta flor.

O noso traballo para a Exposición da Camelia

Ademais, tamén expuxemos a nosa variedade de produtos feitos artesanalmente para todos aqueles que queiran colaborar con nós. Aínda o podes facer achegándote ao Auditorio Municipal.

O noso traballo para a Exposición da Camelia

 
Deja un comentario

Publicado por en 20 marzo, 2013 en Uncategorized

 

Celebramos o Entroido

Este ano decidimos celebrar o entroido dun xeito moi tradicional preparando doces típicos destas datas.

E despois de tanto traballo toca a parte máis dura: catar todo o que fixemos para comprobar que somos uns grandes cociñeiros!

 

 
Deja un comentario

Publicado por en 20 febrero, 2013 en Uncategorized