RSS

ASDIVALU

(ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DOS VALES ULLA-UMIA)

É UNHA ENTIDADE SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE NACE NO ANO 1999, CO FIN DE MOVILIZAR A UN COLECTIVO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE QUE POLA SÚA SITUACIÓN SOCIAL, PERSOAL OU XEOGRÁFICA ATÓPANSE NUNHA SITUACIÓN DE DESVENTAXA SOCIAL.

PRESIDENTA: ANA MARIA CASTROMAN CASAL
CIF: G-36331114
SEDE: PAREDES S/N 36645 VALGA

O TRABALLO QUE REALIZA A ENTIDADE, XUNTO COA COLABORACIÓN IMPRESCINDIBLE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL, SUPÓN SEGUIR AVANZANDO E CONSOLIDAR PROXECTOS CUXO PUNTO DE PARTIDA NON DEBE SER OUTRO MÁIS QUE A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.
OS OBXECTIVOS PERSEGUIDOS DEBERÁN PERMITIR ÁS PERSOAS, COMO SERES HUMANOS, EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, RECIBIR UNHA ATENCIÓN INTEGRAL BASEADA NO ÁMBITO PERSOAL, FORMACIÓN E OCUPACIÓN LABORAL DO SEU TEMPO REPERCUTINDO FAVORABLEMENTE NA SÚA CALIDADE DE VIDA.

ACTUACIÓNS :

AREA DE AXUSTE PERSOAL: Consiste na realización de actividades que teñan por obxectivo fomentar hábitos de autonomía persoal, de habilidades sociais e fomento da participación social.

AREA FORMATIVA: Fomento de actividades formativas permanentes que reflecten no benestar persoal do inviduo. Comtemplamos unha oferta formativa ampla e flexible en contados e adaptados ás necesidades dos participantes, como un proceso de aprendizaxe contínuo ó longo da vida.

TALLERES OCUPACIONAIS/PRELABORAIS: Talleres que se realizan con independencia do resultado productivo do mesmo, aínda sen esquecerse de buscar á máxima rentabilidade posible que repercuta nas persoas para poder afrontar novas perspectivas laborais.

 

Los comentarios están cerrados.

 
Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.