No mes de xullo continuamos colaborando cos centros educativos acondicionando o xardín do instituto.
Archivos Mensuales: julio 2013
BAUTISMO DE MAR A BORDO DO LAION
O pasado sábado 13 de xullo, 8 persoas da asociación participamos nunha actividade marítima a bordo dun veleiro, o Laion. A travesía durou case 4 horas nas que puidemos disfrutar da paisaxe que a costa nos efrece dende o porto deportivo de Riveira ata a península do Grove.
A actividade está enmarcada dentro do proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) que a entidade COGAMI leva a cabo dentro dos servizos de lecer que oferta.
Agradecemos tanto a COGAMI coma ao persoal voluntario que participa como tripulación a bordo do veleiro por facernos desfrutar dunha xornada inolvidable.