RSS

Archivos Mensuales: febrero 2012

A semana do Entroido

Os mozos e mozas de ASMIVALU celebramos o entroido realizando varias actividades enmarcadas nestas datas de festexos.

Así, o martes 21 adicamos a mañán a preparar orellas típicas do entroido que despois degustamos coas nosas familias.

Tamén traballamos arreo durante a semana confeccionando os disfraces de pallasos que lucimos polas rúas de Pontevedra o mércores 22.

Con estas actividades preténdese que os rapaces adquiran as habilidades e coñecementos básicos necesarios para levar a cabo tarefas en distintos ámbitos (como pode ser o doméstico) con autonomía. Así mesmo, as saídas de ocio están enfocadas para que se divirtan en ambientes normalizados e para que participen dos recursos que lles ofrece o entorno social como un medio de integración e socialización.

Anuncios
 
Deja un comentario

Publicado por en 24 febrero, 2012 en Actividades

 

Alumno/as do IES visitan as instalacións do Centro Ocupacional e de Día de Persoas con Discapacidade

Este martes os alumno/as de 1º da ESO do IES de Baño visitaron as instalacións municipais nas que ASMIVALU leva a cabo moitas das actividades.

Os rapaces recibiron aos alumnos do instituto cunha presentación na que se lles informaba sobre a necesidade da integración de todas as persoas, así como das actividades que se realizan dende a asociación para que esto sexa posible. Despois de percorrer as instalacións do centro, despediron ao IES con chocolate e “palmeritas” feitas polos rapaces de ASMIVALU.

 
Deja un comentario

Publicado por en 2 febrero, 2012 en Uncategorized

 

Hoxe cociñamos!

Unha das actividades que realizamos dentro da área de axuste persoal é a de cociña, co fin de fomentar a autonomía doméstica adquirindo habilidades, destrezas e coñecementos básicos para desenvolverse con autonomía nas tareas de ámbito doméstico.

O pasado venres, e aproveitando que os alumno/as de 1º da ESO do IES visitarán o as instalación do Centro Ocupacional e de Día de Baño, púxose en práctica esta actividade elaborando unhas “palmeritas” para darlle a benvida aos rapaces.

 
Deja un comentario

Publicado por en 1 febrero, 2012 en Uncategorized