RSS

Archivo de la categoría: Eventos

VI EXPOSICIÓN DA CAMELIA BELLA OTERO

    O noso concello, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais ALBOR, celebrou o sábado 17 e domingo 18 de marzo a VI Exposición da Camelia Bella Otero no Auditorio Municipal. Xunto coa exposición tamén se organiza un concurso no que participan asociacións e veciños do concello presentando as distintas variedades de camelia como elemento decorativo.

Este foi o noso traballo:

    Con esta presentación pretendemos dar a coñecer tanto o taller de reciclaxe de aparellos electrónicos, coma o blog da asociación: https://asdivalu.wordpress.com. Ademais, tamén expuxemos os productos que elaboramos artesanalmente, como o xabón de camelia e as marmeladas, para que os visitantes que así o quixesen colaborasen con nós.     Ademais, tamén fomos partícipes desta festa elaborando os agasallos que se lles entregaron aos participantes na entrega de premios.
GÚSTANOS PARTICIPAR E FORMAR PARTE DA COMUNIDADE!

Anuncios
 
Deja un comentario

Publicado por en 19 marzo, 2012 en Eventos