RSS

Archivos Mensuales: septiembre 2012

O VERÁN EN IMAXES

Así foi o noso verán:

XUÑO

Reforzo educativo:

Despois dun curso de traballo duro chegaron as vacacións no reforzo educativo. Despedimos o curso cunha festa na que aprendemos xogando.

Xardín do I.E.S. de Baño:

Participamos na elaboración e acondicionamento do xardín do I.E.S. plantando diferentes especies arbóreas, xunto cos alumnos/as. Gústanos formar parte da comunidade!

XULLO

Obradoiro de barro:

Traballamos o barro cos rapaces participantes nas actividades de verán.

Invernadoiro:

Seguimos traballando plantando e recollendo os mellores produtos de tempada que ofrecemos durante todo o ano.

AGOSTO

Vacacións:

Tamén tivemos uns días de descanso porque necesitamos e temos dereito a disfrutar de vacacións!

XXII Mostra da caña do país:

Con motivo desta festa elaboramos unhas galletas de caña das que puideron disfrutar todos aqueles que se achegaron ao Parque Irmáns Dios Mosquera o 25 de agosto. Alí tamén expuxemos todos os nosos produtos artesanais.


Curso de cociña:

Participamos xunto coas nosas familias nun curso de cociña saudable no que empregamos como ingredentes principais produtos da nosa horta.

SETEMBRO

Excursión a Vilagarcía:

O ocio tamén é moi importante, polo que as saídas e excursións son frecuentes na asociación. Nesta ocasión fomos de camiñata á praia Compostela.

Campamentos de COGAMI:

Dous dos nosos compañeiros tiveron a sorte de ser seleccionados para disfrutar durante unha semana dos campamentos que organiza esta entidade.

Información sobre os campamentos

Mostra de voluntariado:

Os venres 21 e 28 participamos nas mostras de voluntariado que se celebraron no I.E.S. de Baño e na Casa do Concello. Expuxemos todos os nosos produtos e realizamos obradoiros para todos os que se achegaron. Moitas gracias por colabrorar con nós!

Agasallos para vodas e outros eventos:

Preparamos botellas de licor café e xabóns de camelia decorados para vodas e marmelada de mazán e pera para a coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro.

Xuntanza e comida no centro:

O día 24 estreamos o comedor do centro. Como se trataba dun día especial tamén tivemos un menú especial, no cal empregamos algúns dos produtos da nosa horta.
Pola tarde, convocouse ás nosas familias nunha xuntanza para comunicarlles as novas actividades que se van poñer en marcha.

Ademáis, durante todo o ano seguimos ofrecendo os produtos do invernadoiro e outros produtos artesanais, así como agasallos para distintos eventos. Tamén realizamos tartas para cumpleanos.

Anuncios
 
Deja un comentario

Publicado por en 14 septiembre, 2012 en Uncategorized