RSS

Archivo de la categoría: Actividades

Excursión a Aldea Grande

O pasado mércores adiantamos as vacacións de Semana Santa facendo unha saída a Sta. Cruz de Rivadulla (Vedra). Alí visitamos as instalacións do restaurante Aldea Grande e disfrutamos dunha xornada en contacto coa natureza.

Anuncios
 
Deja un comentario

Publicado por en 9 abril, 2012 en Actividades

 

Un día de pesca

O domingo 11 de marzo participamos no I Salón Pesca Valga que o concello organizou na Mina Mercedes para persoas con discapacidade, maiores e nenos/as.

Alí aprendemos a pescar nuns talleres onde recoñecidos monitores na arte da pesca nos ensinaron a lanzar a cana e recoller a sedela.

E pescamos! Eso sí, despois devolvemos as troitas á lagoa porque na Mina Mercedes só se practica a pesca sen morte.

 
Deja un comentario

Publicado por en 12 marzo, 2012 en Actividades

 

A semana do Entroido

Os mozos e mozas de ASMIVALU celebramos o entroido realizando varias actividades enmarcadas nestas datas de festexos.

Así, o martes 21 adicamos a mañán a preparar orellas típicas do entroido que despois degustamos coas nosas familias.

Tamén traballamos arreo durante a semana confeccionando os disfraces de pallasos que lucimos polas rúas de Pontevedra o mércores 22.

Con estas actividades preténdese que os rapaces adquiran as habilidades e coñecementos básicos necesarios para levar a cabo tarefas en distintos ámbitos (como pode ser o doméstico) con autonomía. Así mesmo, as saídas de ocio están enfocadas para que se divirtan en ambientes normalizados e para que participen dos recursos que lles ofrece o entorno social como un medio de integración e socialización.

 
Deja un comentario

Publicado por en 24 febrero, 2012 en Actividades

 

Día Internacional da Discapacidade.

CON MOTIVO DO DIA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE, 3 DE DECEMBRO DE 2011, O CONCELLO DE VALGA, EN  COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN ASMIVALU, CONMEMORA ESTE DÍA COS SEGUINTES ACTOS:

  • ELABORACIÓN DE CARTEIS  DE CONTIDO INFORMATIVO  SOBRE A ACTIVIDADE  DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, FACENDO ESPECIAL INCIDENCIA NAS POTENCIALIDADES DOS MESMOS E NOS SEUS DEREITOS. ESTOS CARTEIS SERÁN  COLOCADOS  EN DISTINTOS LUGARES PÚBLICOS  DO CONCELLO.
  • PROGRAMA RADIOFÓNICO  COAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE COMO PROTAGONISTAS, CO FIN DE INFORMAR DAS LÍNEAS DE TRABALLO E DA NECESIDADE DE INTEGRARSE NA VIDA DA COMUNIDADE.
  • SAÍDA DIDÁCTICA O PAZO DE OCA, DIRIXIDA POLO TÉCNICO AGRÍCOLA,  COÑECENDO OS DISTINTOS ESTILOS DE XARDINERÍA, PARANDO NO RETORNO NA CARBALLEIRA DE CALDAS.(MERCORES DÍA 7 ).

 

 
Deja un comentario

Publicado por en 1 diciembre, 2011 en Actividades, Novidades

 

Curso de reciclaxe de material electrónico.

 
Deja un comentario

Publicado por en 29 abril, 2011 en Actividades, Novidades